Tecendo o futuro da Galicia rural

Obxectivos

A Fundación Juana de Vega convoca a XII edición do PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS: Un programa de formación e mentorización orientado a axudar aos emprendedores no deseño e implantación dos seus proxectos empresariais, así como para empresas existentes que precisan abordar proxectos de mellora ou de expansión.

Ver máis

This is your modal header title

  • Emprendemento: axudar aos emprendedores a desenvolver as súas ideas empresariais, convertelas en proxectos de negocio e materializalas en empresas reais, innovadoras e competitivas.
  •  Crecemento e Consolidación: axudar a empresas existentes (autónomos, MicroPEMES e PEMES) a desenvolver e/ou consolidar os seus proxectos empresariais tratando de mellorar o seu funcionamento mediante a tutorización na toma de decisións en distintos ámbitos do negocio.

Participantes

Poderán participar nalguna das modalidades do XII PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS, tanto empresas existentes como novas iniciativas empresariais nos ámbitos agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro de Galicia, ou otros sectores da bioeconomía, así como proxetos de base tecnolóxica e servizos relacionados cos anteriores, que se desenvolven no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poden participar aquelas persoas que queiran crear novas empresas ou poñer en marcha iniciativas empresariais:

 

  • Empresas en proceso de deseño da idea e de definición do modelo de negocio.
  • Sucesións e recuperación de empresas e explotacións familiares.
  • Proxectos para mellorar o valor de activos rurais improdutivos.
  • Proxectos de posta en valor de activos rurais improdutivos.

Os candidatos deben ser maiores de idade, residentes en Galicia, cun bo nivel de xestión do paquete Microsoft Office, buscadores en internet, algo de coñecemento do sector e sobre todo, cunha alta participación no seu proxecto.

Poderán participar na modalidade de Crecemento e Consolidación aquelas empresas que estean en funcionamento e precisen:

  • Realizar unha revisión da súa definición e organización estratéxica.
  • Realizar unha análise da entorna ou investigación comercial.
  • Crear un plan de marketing ou plan de comercial.
  • Desenvolver unha estratexia online.
  • Realizar unha análise de operacións e mapas de valor.
  • Revisar os seus plans de financiamento.
  • Realizar un estudo económico e / ou mellorar o seu control de xestión.
  • Valoraranse outros enfoques de mellora que correspondan a aspectos estratéxicos da empresa.

Será un requisito indispensable que os proxectos teñan un responsable de desenvolvemento dentro da empresa, que será o encargado de participar no programa.

En cada unha das modalidades, seleccionaranse empresas ou emprendedores tendo en conta o seu grao de compromiso ou implicación coa iniciativa empresarial, a orientación ao mercado e o seu compromiso de poñer en valor os recursos do territorio.

Desenvolvemento

FASE 1 - SELECCIÓN DE PROXECTOS

Realizarase a través dun obradoiro de ideas empresariais de carácter selectivo de 10 horas de duración, para un máximo de 24 candidatos.

 

Durante o obradoiro, os candidatos, asistidos por consultores especializados, reflexionarán sobre os elementos clave da súa idea e desenvolverán a estrutura do seu modelo de negocio.

 

Todos os proxectos seleccionados pasarán unha entrevista persoal. Seleccionaranse un máximo de 5 proxectos para a modalidade de Emprendemento e 6 proxectos para a modalidade de Crecemento e Consolidación.

FASE II - DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS : EMPRENDEMENTO

Prazas. Seleccionaranse 5 ideas ou proxectos de emprendemento, máis 2 de reserva.

 

Contido. Nesta fase do programa proporcionarase formación, mentorización e asistencia técnica aos proxectos seleccionados para o seu desenvolvemento operativo. Consistirá en sesións de docencia e titorías individuais.

 

Obxectivos. Trátase dun programa formativo co que se pretende axudar aos emprendedores seleccionados a perfilar os seus proxectos desde o punto de vista estratéxico, definir o seu perfil competitivo e de posicionamento, determinar as canles de comercialización máis axeitadas, as necesidades financeiras, en definitiva, desenvolver un plan rigoroso que permita a definición estratéxica da empresa ou proxecto, facilitando a súa implantación no mercado coas mellores garantías de éxito posibles.

 

Estrutura:

      • Sesións docentes 
      • Titorías individuais 
      • Avaliación final de proxectos 

As sesións docentes e as titorías desta fase terán lugar entre os meses de febreiro e xuño de 2024.

FASE II - DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS : CRECEMENTO E CONSOLIDACIÓN

Prazas. Seleccionaranse un máximo de 6 proxectos de Crecemento e Consolidación de empresas existentes, máis 2 reservas.

 

 

Contido. Consistirá nun programa de mentorización personalizado a través de titorías individualizadas para cada unha das empresas co fin de acadar os obxectivos perseguidos coas maiores garantías de éxito posibles. 

 

 

Obxectivos. Axudar ás empresas seleccionadas a perfilar os seus proxectos, definindo as súas necesidades estratéxicas e elaborando un plan rigoroso que permita acadar os obxectivos que se propoñen.

 

 

Estrutura. Definirase segundo as necesidades de cada proxecto e aplicarase nos seguintes formatos: 

      • Proxecto pechado.
      • Estudo de mercado.
      • Acompañamento á dirección.
 

Os proxectos desenvolveranse entre febreiro e, como máximo, decembro de 2024.

FASE III - POSTA EN MARCHA DO PROXECTO

Destinatarios Participarán nesta fase os proxectos da modalidade de Emprendemento. Excepcionalmente, a Fundación poderá incorporar a esta fase calquera dos proxectos da modalidade de  Crecemento e Consolidación.

 

Contido Esta fase consiste en titorías individuais de consultaría e apoio para a implementación do proxecto empresarial. Esta asistencia técnica prestarase de acordo coas necesidades e circunstancias particulares de cada proxecto, incluídas no seu plan de implementación.

 

Obxectivos O obxectivo desta fase é o apoio ao emprendedor na implantación e saída ao mercado. Para iso, facilitarase asistencia e apoio nas accións que precisen:

 

      • Financiamento.
      • Creación de marca e packaging.
      • Plan de acción comercial ou de marketing.
      • Plan de redes, creación de web ou tenda online.
      • Operativa e concreción de tareas da cadea de valor.
      • A Fundación poderá aprobar axudas en temas diferentes que soliciten os emprendedores. 

Duración e datas As titorías ofreceranse, de acordo co plan establecido, ao longo dos meses de setembro a decembro de 2024 e serán de obrigada asistencia cunha periodicidade quincenal.

FASE IV - PRESENTACIÓN PÚBLICA DE PROXECTOS / DEMO DAY

Trátase dunha xornada na que os emprendedores e promotores que se consideren, presentarán e defenderán, públicamente, os seus proxectos ante potenciais investidores, clientes, entidades financeiras e outras organizacións públicas de promoción e apoio económico. Esta fase estruturarase da seguinte maneira:

      • Sesión teórica
      • Titorías de preparación das presentacións
      • Sesión de ensaio

Xornada de presentación pública: Esta xornada terá lugar durante a fase de posta en marcha do proxecto, no último trimestre do ano.

A Fundación Juana de Vega, consciente das dificultades dos emprendedores para poñer en marcha o seu plan de negocio, ademais de apoiar ao sector agroalimentario na súa implantación, quere ampliar o seu apoio ao emprendemento, creando o PREMIO AO EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO. 

Este premio consistirá nun cheque que o gañador poderá usar en sesións de apoio con mentores designados durante un período de 5 meses. O cheque equivale a un total de 30 horas de mentorización e acompañamento á empresa durante as primeiras etapas de lanzamento.

      • Candidatos: Poderán optar ao premio os participantes no XII PAEA na modalidade de Emprendemento.
      • Xurado: O xurado estará composto por mentores do programa, representantes do equipo da Fundación Juana de Vega ou outros profesionais de recoñecido prestixio que teñan relación co desenvolvemento do sector agroalimentario.
      • O premio entregarase nun acto público que terá lugar a finais de 2024.

Edicións anteriores

X

Programa de apoio a empresas agroalimentarias

Proxectos del IX apoio a empresas agroalimentarias

Sin título-2_Mesa de trabajo 1
YaraMel
Dedicada á elaboración de cosméticos con base principal de mel, l¡a cera e o propóleo, extraídos das súas propias colmeas ubicadas en Castroverde (Lugo) que combinan con aceites naturais e ecolóxicos para obter produtos cunhas excelentes propiedades cosméticas. Todo, realizado con rigor científico a partir de receitas antigas que xa se utilizaban no seu entorno familiar.
Sin título-1_Mesa de trabajo 1
Granxa Ameixeira
Granxa familiar que produce leite ecolóxico na Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A súa prioridade é a familia polo que o seu obxectivo é levar diretametne ata os fogares un alimento de alto valor nutricional, sostible, fresco, natural e de proximidade.
Sin título-3_Mesa de trabajo 1
Servicios Agrícolas Ventura Souto
Servizos Agrícolas e forestais Ventura Souto ofrecelles aos seus clientes solucións ás necesidades que plantean as fincas rústicas. Unha amplia flota de maquinaria, máis de 25 anos no sector e unha alta fidelidade dos nosos clientes avalan a nosa profesionalidade.
Sin título-5_Mesa de trabajo 1
Abrigadoiro de Rexa
Proxecto de recuperación patrimonial e produtiva asentado na Mariña). Busca dar novos usos a infraestruturas agrarias en desuso mediante a súa transformación en aloxamento turístico, así como a recuperación produtiva das terras e os montes que formaron parte no seu día da explotación. Súmase unha parte de divulgación sobre o medio rural e a cultura labrega, mediante unha serie de actividades (colmeas, horta, animais, etnografía e tradicións, natureza).
Sin título-6_Mesa de trabajo 1

Chichiña
Veterinarios especializados en nutrición que se adican á elaboración de comida cociñada para cans e gatos, especialmente para aqueles que sufren patoloxías. Crean menús variados e personalizados para estes peludos, todos eles sen aditivos e con produtos frescos e naturais; ofrecendo unha alternativa ós piensos clásicos e facilitando que estes animais poidan desfrutar de comida pese as súas condicións particulares. Todo isto, con servizo a domicilio e sendo un apoio para os propietarios e os veterinarios de referencia dos seus compañeiros.
images


Proencia
É unha bodega familiar situada na Ribeira Sacra, que ofrece catas, visitas guiadas e venda de viño da D. O., con producción propia. Ademáis contan con unha sala de cata para celebración de eventos en pleno Cañón do Sil. O proxecto consiste en ampliar a súa capacidade productiva para o que precisaba unha reestructuración económico-financieira e de comercialización.
logo-final-vane-circulo-300x282
ProPlantae
ProPlantae ofrece servizos na área da sanidad vexetal. Como sabemos, os síntomas das diferentes patoloxías que mostran os cultivos son normalmente inespecíficos, comúns en moitas delas e que, ademáis, poden confundirse con carencias ou outro tipo de fisiopatía. Por iso, un diagnóstico preciso e precoz dos axentes fitopatógenos implicados faixe fundamental á hora de aplicar un tratamento fitosanitario que ademáis de ser eficaz o faga de xeito sostenible. O objetivo deste proxecto é contribuir ao desenvolvemento de produtos que poidan ser eficaces no control de patoloxías, ben pola súa actividade bioestimulante ou pola súa acción biocida.
pagos de brigante
Pazos de Brigante
Pagos de Brigante adícase á viticultura e enoloxía na comarca de Betanzos, e entre os seus obxectivos está a elaboración de viños que se diferencien no mercado sendo fieles ás características dos viños Atlánticos. Dada a decadencia da viticultura na zona, outro dos obxectivos é recuperar os antigos viñedos que todavía se encontran vivos, pero moi deteriorados, como é o caso da zona vitícola por excelencia do “Pago de A Picha” sen vides neste momento, pero cos bancales intactos dende o século XVI.
terras-de-miranda-logo-1498234712
Hortícolas Javier Miranda
Hortícolas Javier Miranda adícase á produción agraria. O seu modelo produtivo básase nunha conciliación entre a agricultura tradicional e a mellora tecnolóxica continua, apostando sempre polo rural e polo campo como medio de vida. A agricultura sostible camiña da man do respeto polo medio ambente e o cuidado do medio no que todos convivimos. O proxecto consistiu no aproveitamento dos excedentes a través da súa transformación.
cropped-Logo_PNG-horizontal-768x261

Beniu
Start-up de innovación que aplica as novas tecnoloxías no sector agroforestal, con técnicas de teledetección e tratamentos aéreos con drons para a protección e mellora da saúde vexetal. O proxecto está enfocado en desenvolver esta actividade no sectro vitivinícola, onde, de xeito xeoreferenciado, poden coñecer en detalle o estado da explotación analizada, traballando por sectores, diferenciando o aporte de insumos axustándose ás necesidades reais de cada zona de cultivo.

IX

Programa de apoio a empresas agroalimentarias

Proyectos del II Programa de emprendimiento

calabizo
Calabizo Edurne Sendra
Nutritivos e saborosos, os produtos Calabizo son 100% vexetais. Fabrícanse en Galicia de xeito tradicional, con materias primas de calidade e sen empregar aditivos de ningún tipo. A súa salchicha de cabaza e o guiso de garavanzos con calabizo sorprenden a todos os padais polo seu sabor único e auténtico.
La abuela delfina Yolanda Cela
La Abuela Delfina embutidos fabrica artesanalmente produtos derivados do porco, o chourizo curado é o seu produto estrela que se produce, respectando a receita familiar herdada da avoa, utilizando materias primas diferenciadas, sen aditivos químicos e curada naturalmente con leña de carballo preservando así os sabores de antano.
Vía Argentea José Ramón González
Dedicámonos á produción e comercialización de carne de vacún de alta calidade, producindo de xeito sostible a base de pastoreo, forraxe e cereais de produción propia. Xestionar o territorio dun xeito beneficioso desde o punto de vista ambiental e ofrecer ao consumidor un produto de primeira orde en termos de seguridade, calidade e trazabilidade, sendo fundamental a definición e certificación do proceso de produción.
logo_innogando
Innogando Elio López
RUMI é un colar que controla o gando en tempo real mediante a localización GPS e o recoñecemento de actividades (rumiar, comer-xogar, descansar, pastar e camiñar). Ten unha autonomía infinita cando se carga con enerxía solar e cobertura en calquera lugar. RUMI detecta celos, enfermidades, filtracións e outras situacións de interese e envía alertas ao agricultor a través da aplicación móbil.
traloagro
Traloagro
Sabías que Friol é ou Concello de Galicia con gando máis ecolóxico certificado? TRALOAGRO únese á cría de gando vacún, á transformación e á comercialización de produtos cárnicos ecolóxicos certificados. Ofrecemos produtos de calidade que combinan tradición e innovación. ¿Quere contribuír a un planeta máis sostible e ecolóxico, ou beneficiar aos animais, ou Dá biodiversidade a un rural vivo? Consume os nosos productos.
zumiño
Zumiño Alejandro Tartaglione
Zumiño é un proxecto agroalimentario situado na rexión do Baixo Miño, en Galicia, que se dedica ao cultivo ecolóxico e á transformación de froitas para obter zumes prensados ​​en frío funcionais. Un zume 100% real, 100% froita, sen azucres engadidos e sen aditivo nin conservante. Elaborado de tal xeito que todos os procesos aos que se someten as materias primas non danen os elementos presentes naturalmente nas nosas froitas e verduras. É unha bebida lista para beber axeitada para veganos e celíacos, certificada ecolóxica e embotellada en vidro.
Shiitake Suído Raquel Suárez Ogando
Cultivo de cogomelos shiitake en tronco natural de carballo e castiñeiro, aproveitando a masa forestal desbotada para darlle un novo uso de xeito sostible e ecolóxico. É un cogomelo de alto valor nutricional xa que achega 8 dos 9 aminoácidos esenciais, así como vitaminas do grupo B, fibra e unha fonte de proteínas, de alto valor medicinal referíndose a el como elixir da vida ou xuventude eterna e alta valor gastronómico, de textura suave e sabor intenso.
Casa Barbeiro
O mellor da nosa granxa na túa mesa. Proxecto de elaboración de queixo e derivados lácteos das excelentes leites producidas na nosa granxa. Somos a terceira xeracion de productores comercializadores de leite, traballando sempre sobre os nosos pilares, benestar animal, sostenibilidade e protección medioambiental, valorización do territorio, valores humanos e como non a innovación.”

VIII

Programa de apoio a empresas agroalimentarias

Proyectos del VIII apoyo a empresas agroalimentarias

terra-de-asorei
Adegas Terras de Asorei Xose Ramón Durán Martínez
Empresa fundada no ano 2015 na zona do Salnés. A súa actividade principal é a comercialización de viño albariño dando uso ás viñas de 6 adegueiros da zona. Dispoñendo dun total de 60 hectáreas de viñedos no Val do Salnés, produce case medio milleiro de botellas anualmete que contan co selo de certificación Galicia Calidade.
alcrique
Alcrique Xacobo y Carlos
Alcrique pon en valor o rural como forma de vida, partindo do respecto á natureza, a economía sostible e a agroecoloxía. Precisamente a interacción entre as especies vexetais e animais permite o desenvolvemento dunha economía circular, creando novas lineas de produto como son as súas marmeladas.
ar-de-arte
Ar de Arte Alejandro Canedo
Ar de Arte ofrece alimentos típicos de Galicia elaborados de xeito artesanal, porque só un galego pode tratalos seguindo as nosas tradicións. Tratan con produtores pequenos e próximos que levan o seu proceso de elaboración con agarimo. Esta dedicación tradúcese en calidade. Algúns dous produtos son conservas, cervexa artesá e licores artesáns. Ar de Arte aúna o mellor da gastronomía de galicia con arte tamén galega. A nosa marca de alimentos e bebidas colabora con artistas galegos para decorar os nosos produtos con deseños orixinais de cada artista.
Logo-Xallas
Cooperativa Xallas María Lois
Cooperativa Xallas é a fusión da responsabilidade, versatilidade e fiabilidade aplicadas a todos os seus procesos a través dun equipo de profesionais, comprometidos para ofrecer un servizo da máis alta calidade e competitivo no mercado. Con esta filosofía, Cooperativa Xallas nace en 1973 e é a mesma filosofía que nos permite seguir crecendo e afrontando con éxito os retos que nos expoñen uns mercados cada vez máis esixentes.
delie2
Henri Foods Enrique Rodríguez
Henri Foods S.L. empresa galega dedicada á importación e distribución de produtos lácteos. Cun novo proxecto que consiste na comercialización de produtos lácteos con leite A2. Leite A2 certificado e de orixe 100% galego. Leite máis san e dixerible, sen aditivos, de xeito natural.
leche
Obradoiro Lacteo Eco Teresa Molino Santiago
Elaboradores de produtos lácteos ecolóxicos, naturais e saudables producidos na propia granxa para satisfacer o mercado hostaleiro e aquelas tendas comprometidas cos seus clientes e familias, así como coa contorna natural. Como visión preténdese comercializar o cento por cento do leite de xeito directo dende a súa granxa e expandir o seu negocio ás comunidades do noroeste de España.
villa-regina2
Villa Regina Regina Muñiz Gerpe y Sara Elisa Arribas Vázquez
Unha granxa que ofrece a opción de vivir experiencias na aldea, a unha forma de vivir máis consciente sa e real. As súas principais fontes de ingreso céntranse en por unha banda comer san, ofrecendo produtos da horta sen pesticidas e tradicionais pero cun toque moderno en canto á súa presentación. Doutra banda ofrecen a posibilidade de visitar a granxa, tanto en fin de semana para o público en xeral como pola semana a colexios.
fincatierra
Finca Terra Viva Bibiana Guerra
Leira Terra Viva ofrece hortalizas novas e frescas a clientes de mercados ao aire libre e tendas especializadas de produto fresco ou ecolóxico na comarca de Santiago e arredores. As hortalizas recóllense o mesmo día da súa distribución e son cultivadas de forma ecolóxica.
Logos-03
Milpa Salnés Ofelia Gaitán Palacios y Guillermo Rodríguez Barreiro
Muíño de fariña de millo, producido con semente autóctona galega en fértiles vales usando a sabedoría achegada pola tradición mesoamericana. O millo é moído en muíños tradicionais de pedra e usando unha técnica de cocción ancestral mesoamericana coñecida tecnicamente como nixtamalización. A súa misión é satisfacer a demanda local de habitantes de orixe latinoamericana en España e Europa así como dietas de veganos e alérxicos.
lagar-do-eume
Lagar do Eume Xosé María López, Alberto Bouza e Ismael Blanco
Lagar do Eume pon en valor a froita autóctona do Norte de Galicia, transformándoa de maneira natural en diferentes produtos, tales como sidras e licores, facendo partícipes aos nosos clientes na conservación do medio rural, o respecto polo medio ambiente e velando pola súa saúde e benestar.
flordouro
Flor de Ouro Rubén Fernández
Flor de Ouro dedícase, por unha banda á cría e comercialización de material vivo (abellas raíñas) baixo criterios de selección xenética e, por outra, á produción de mel como produto gourmet. Nunha segunda fase trataremos de desenvolver produtos complementarios tales como cera e unha liña de saúde baseada en xelea real, mel con propóleo, mel con pole, ou suplementos alimenticios tales como batidos de proteína con pole, etc...
galo-celta
Galo Celta David Sueiro
Galo celta dedícase á produción de ovos e carne avícola, de determinadas razas e de xeito artesá, como curiosidade vende os ovos máis caros do mundo, Galo Celta estivo xa presente na primeira edición e agora está a desenvolver, con axuda da fundación , unha expansión internacional a través de franquías.

VII

Programa de emprendemento

Proyectos del VII Programa de emprendimiento

kombucha
KOMBUCHATÉ Joaquín Tuñas
Kombuchaté é unha empresa galega de alimentos fermentados artesanalmente, comezando por unha KOMBUCHA probiótica con sabores agradables e identificables.
servipomar
SERVIPOMAR Xurxo Míguez
ServiPomar ten como obxectivo crear proteccións contra incendios forestais sostenibles económica e medioambientalmente fomentando a recuperación da tradición sidrera en Galicia. ServiPomar deseña, planta, mantén e recolle manzanos de sidra.
fabas-lourenza
Terras da Mariña – Fabas de Lourenzá José Cuadrado
Terras da Mariña, S. Coop. Galega, é unha cooperativa que suma esforzos de pequenos agricultores e as súas familias con grandes ilusións aportando valor á produción e comercialización da Faba de Lourenzá e outros produtos para satisfacer as necesidades dos nosos clientes.
Soulkitchen
SOULKITCHEN Alejandra González
En SoulKitchen poñemos no mercado conservas cárnicas premium a base de receitas tradicionais de casquería elaboradas con produto cuidadosamente seleccionado, ampliando a variedade gastronómica de receitas elaboradas en conserva, de calidade organoléptica asegurada, cun formato fácil e atractivo, listo para consumir.
culturaverde
CULTURA VERDE Patricia Quelle Eijo
Cultura Verde nace para desenvolver o cultivo ecolóxico do cánabo e cubrir así a crecente demanda de farmacéuticas e cosméticas. Debido aos numerosos beneficios do cánabo para nosa saúde e a gran versatilidade desta planta desenvolveremos nos próximos anos ademais do cultivo e recolección de flor, gran e palla, nosa propia gama de produtos elaborados devolvendo a esta marabillosa materia prima o trato que merece.
custongreens
CUSTOM GREENS Fernando García Abal
Custom Greens é unha empresa galega especializada na produción de microgreens, pequenas verduras cultivadas en poucas semanas e cun alto valor nutricional. Provemos aos restaurantes dun produto fresco e totalmente personalizado, aportando aos seus pratos un sabor e textura únicos.
sigmark
SIGMARK Juan Vicente Penabad Muras
Sigmark trátase dun sistema tecnolóxico de sinalización de parcelas. Busca conseguir unha mellor xestión e maior control da propiedade dunha forma rápida e segura. Sigmark nace con vocación global xa que aporta unha solución a un problema de xestión parcelaria común nos 5 continentes.

VI

Programa de emprendemento

Proyectos del VI Programa de emprendimiento

Seda de Mar
Seda de Mar Iván y Orlando Fernández Cotado
Venda de conservas de receitas únicas en base a produtos do mar, fundamentalmente mexillóns, sardiñas, luras e atún.
Cultivo de arnica
Cultivo de árnica Mónica Requeijo
Produción de flor deshidratada de árnica para laboratorios de cosmética natural e farmacéuticas.
Saraima
Saraima, Happy Flowers Alba Cal Pico
Produción e venda de flores cultivadas, tanto en formatos uniflor como en ramos, cestas ou para decoración.
SmartWood
Smartwood José Luis Gude, Begoña Castro y Siro González.
Plataforma dixital de asesoramento e xestión da produción de terreos agrícolas e forestais.
Conservas A Fontenla
Conservas A Fontenla Miguel Queiro
Transformación, elaboración e envasado de producións locais de horta.
Carabunhas
Carabuñas Nelson Alonso y Eva González
Produción e venda de flor fresca de sabugueiro para a industria de bebidas e refrescos.
Trasdeza
Trasdeza Natur María José Tallón y Rosendo Estévez
Produción e deshidratado de froitas e hortalizas de alta calidade.
Adega A Escola
Adega A Escola Paula Caballero
Elaboración de viño da DO Rías Baixas.

V

Programa de emprendemento

Proyectos del V Programa de emprendimiento

Mesturas
Mesturas Miguel Ángel Riola
Consolidación no mercado dunha empresa de produción e venda de xeleas gourmet.
Abejas reina
Venta de abellas reina José Ángel Grandío
Cría e venda de abejas raíña mediante selección xenética de colonias que destaquen por diversos factores de calidade.
Huevos de pastoreo
Ovos de pastoreo Afonso Fernández
Produción de ovos ecolóxicos con galiñas en pastoreo en galiñeiros móbiles.
Tres Fucinhos
Cooperativa Tres Fuciños César Pérez
Creación dunha cooperativa de comercialización de porco celta con 15 socios ganadeiros.
A Carqueixa
Cooperativa A Carqueixa Román Sánchez
Cooperativa ganadeira de Os Ancares que quere crear unha marca asociada ao seu territorio para vender a súa carne de tenreira galega, e comezar coa comercialización de castañas e mel.
Casa Naveira
Casa Naveira 1914 David Ares
Panadería interesada en crear unha liña de produción e comercialización de bica e torta de maíz, seguindo un modelo de preparación artesanal.
Apifarma
Apifarma Samira Azevedo
Produción e comercialización de apitoxina (veneno das abellas obreiras). Este produto utilízase en farmacia como remedio tópico para a artritis e dores articulares en xeral, así como botox natural (estética).
Vinos atlanticos
Bodega de viños atlánticos Iria Otero
Viños atlánticos, exclusivos e con identidade. Creación dunha bodega para a elaboración de viños exclusivos recuperando viñedos de gran calidade dentro da DO Ribeiro.
Sistemas agroforestales
Extensión agraria e sistemas agroforestais Mª Rosa Mosquera y Antonio Rigueiro
Creación dunha Spin-off dentro do grupo de Sistemas Silvopastorales da USC para o asesoramiento en xestión e manexo integrado de explotacións agro ganadeiras e forestais.

IV

Programa de emprendemento

Proyectos del IV Programa de emprendimiento

Manzana ecologica
Produción de mazá e horta ecolóxica Asociación de fruticultores do Val (AFRUVAL)
Creación dunha cooperativa de produción e comercialización de horta e mazá na Mariña lucense.
Aceites aromaticos
Extracción de aceites aromáticos de plantas oleoxinosas Borja Freire López
Empresa de produción de aceites vegetais con propiedades medicinais e estéticas.
Setas Shitake
Cultivo de seta shitake sobre tronco Alejandro Sánchez Ábalo
Produción micolóxica de cogomelos de alto valor culinario mediante proceso que imita o desenvolvemento natural, obtendo cogomelos con propiedades organolépticas superiores.
Trigo del pais
Producción e comercialización de trigo do país ÓNEGA ARES SLU
Negocio de produción e comercialización de trigo do país para a industria panadeira.
Optima
Optima Cleaning SL José Antonio Redondo Sampedro
Consolidación da nosa ampla gama de produtos de medicina veterinaria ecolóxica en base a principios activos naturais e aceites medicinais para a prevención de novos casos de mamitis en animais produtores de leite.
Vinagres
Vinagres do ribeiro Xoan Pablo Lorenzo Fariña
Vinagres do Ribeiro nace como alternativa ao aproveitamento vitícola tradicional na comarca de O Ribeiro, dinamizando plantacións existentes en semiabandono, readaptándoas a un cultivo responsable coa natureza, coa paisaxe e coa arqueoloxía rural. Quere poñer na mesa do consumidor gourmet diversos tipos de vinagres selectos, con características organolépticas únicas, elaborados artesanalmente con garantía e control de calidade, desde a uva ao produto final.

III

Programa de emprendemento

Proyectos del III Programa de emprendimiento

Galinhas da horta
Galiñas da horta Adrián Taboada García
É un proxecto de produción de ovos de xeito tradicional no municipio de Santiso, en Terras de Melide. O obxectivo do emprendedor é o de producir 1.500 ovos ao día con 2.000 galiñas en réxime extensivo con alimentación de cereales e verduras de produción propia. Pretende comercializalos en tendas tradicionais en núcleos urbanos da provincia da Coruña e Lugo.
Helix
Helix Santa Ana Javier Garnacho Gayarre
Preténdese poñer en funcionamento unha explotación dedicada á cría e engorde de caracol da variedade hélix aspersa, mediante o confinamento en recinto acondicionado durante todas as etapas da vida do molusco. O proxecto pretende nunha segunda fase especializarse na produción e comercialización de ovas de caracol, produto que ten un maior valor engadido que o propio caracol.
Ramil
Ramil Planta de Horta Ramón Martínez Mouriño
Empresa fundada en 1995, sita en Ribadumia (Pontevedra) para a comercialización de produtos agrarios e que agora pretende crear un centro de produción de plantel ecolóxico de especies hortícolas e aromáticas.
fondo06
Horta Castro de Rey Oscar Freire Sánchez
Proxecto para a posta en marcha no Concello de Castro de Rei (Lugo), dun negocio de produción de horta de tempada mediante o sistema de agricultura ecolóxica e venda en circuíto curto.
Granja O Carballo
Granja ecológica "O Carballo" Francisco Fernández Armada
Trátase dun proxecto de gandería situado nas Pontes de García Rodríguez, para a explotación de vacas da raza Limiá criadas en sistema extensivo ecolóxico. O obxectivo do proxecto non é únicamente o de produción gandeira, senón tamén o de transformar e vender a carne en despiece para grupos de consumo, venda directa e o desenvolvemento de novos produtos innovadores, como hamburguesas ecolóxicas con algas, queixo ou pementa.
Cervexa Peregrina
Cervezas A Peregrina José Bascuas Rodríguez
Trátase dunha iniciativa empresarial de produción e comercialización de cervexa artesana, situada no Polígono de Costa Vella en Santiago. A empresa leva dous anos funcionando e os xestores pretenden redefinir o posicionamento estratéxico e competitivo, así como as canles de comercialización máis adecuados para os produtos que ofrecen centrándoo nos consumidores do Camiño de Santiago.
AutoFarm
Autofarm Daniel Reboredo Vila
Trátase dun proxecto empresarial para a comercialización de hardware e software desenvolvido polos promotores para a xestión de explotacións agropecuarias (inicialmente de porcino) aplicable a acuicultura e a outros sectores, a través de dispositivos móbiles, ordenadores ou tabletas. É un proxecto innovador que traslada o concepto de domótica ao sector primario co obxectivo de que o ganadero mellore a eficiencia da súa granja aforrando custos energéticos, de alimentación e de consumo de auga.

Opinións de participantes

Horta Baldaio (Pablo)

A nosotros nos ayudó a ver cuáles eran nuestros puntos débiles como empresa, y corregirlos para intentar sacar el máximo rendimiento a nuestro trabajo A nós axudounos a ver cales eran os nosos puntos débiles como empresa, e a correxilos para intentar conseguir o máximo beneficio co noso traballo

Castro Serantes (Adrián Taboada)

El programa de la Fundación me dio un punto de apoyo, me empezó a poner los pies en la tierra. Me ayudó a enfocar la idea en la realidad y ponerla en práctica O programa da Fundación aportoume asentamento, empezou a poñerme os pes na terra. Axudoume a enfocar a idea na realidade e a levala a practica

Smartwood (José Luis)

El programa nos permitió conocer otros proyectos con los que compartir inquietudes y experiencias que nos ayudaron a enfocar y mejorar nuestro proyecto O programa permitiunos conocer outros proxectos cos cales compartir inquedanzas e experiencias que nos axudaron a centrar e mellorar o noso proxecto

Galo Celta (David Sueiro)

Me enseñaron el valor y la importancia de crear una marca con valores. Galo Celta nació en el programa de la Fundación Juana de Vega y son parte de nuestro éxito Ensináronme o valor e a importancia de crear unha marca con valores. Galo Celta naceu no programa da Fundación Juana de Vega e son parte do noso éxito

TrasDezaNatur (María José)

Formación, ayuda y apoyo en un intenso programa llevado adelante de la mano de un equipo inspirador. Gracias a todo el equipo por el trabajo que hacéis Formación, axuda e acompañamento nun programa intenso levado adiante da man dun equipo inspirador. Decirvos grazas a todo o equipo polo traballo que facedes.

As Vacas da Ulloa (Ana)

El Programa de apoyo a empresas agroalimentarias nos permitió profundizar en el análisis de estado del proyecto para establecer unos pilares sólidos de crecimiento y consolidación, trazando la hoja de ruta y objetivos a corto, medio y largo plazo O Programa de apoio a empresas agroalimentarias permitiunos profundizar na análise de estado do proxecto para establecer uns piares sólidos de crecemento e consolidación, trazando a folla de ruta e obxectivos a curto, medio e longo prazo

Vélaro (Raquel e Amaia)

Gracias al Programa de apoyo a empresas agroalimentarias de Juana de Vega, conseguimos sentar las bases y los objetivos para la cooperativa, tanto a nivel económico como social y también aprender a poner en valor los aspectos positivos del proyecto Gracias ao Programa de Apoio a empresas agroalimentarias de Juana de Vega, conseguimos sentar as bases e os obxectivos para a cooperativa, tanto a nivel económico como social e tamén aprender a poñer en valor os aspectos positivos do proxecto.

Terras da Mariña (Pepe)

Un gran desafío! Fueron capaces de hacernos deshilar el caos en la que estábamos envueltos, mostrándonos nuestra realidad y nuestro horizonte Un gran desafío! Foron capaces de facernos deshilar o caos na que estabamos envoltos, mostrándonos nosa realidade e o noso horizonte

Porto do Corgo (Romina)

Para nosotros la Fundación Juana de Vega a sido el compañero ideal para el desarrollo de nuestro proyecto empresarial. Siendo recién llegados a tierras gallegas, tuvimos la fortuna de encontrarlos y de esta manera poder crear unos cimientos más sólidos y realistas Para nós a Fundación Juana de Vega ten sido o compañeiro ideal para o desenvolvemento do noso proxecto empresarial. Sendo recentemente chegados a terras galegas, tivemos a fortuna de atopalos e desta maneira poder crear uns cimentos máis sólidos e realistas

"Formación, axuda e acompañamento nun programa intenso levado adiante da man dun equipo inspirador. Decirvos grazas a todo o equipo polo traballo que facedes."
María José
TrasDezaNatur
“Ensináronme o valor e a importancia de crear unha marca con valores. Galo Celta naceu no programa da Fundación Juana de Vega e son parte do noso éxito”.

David Sueiro
Galo Celta
"O programa permitiunos conocer outros proxectos cos cales compartir inquedanzas e experiencias que nos axudaron a centrar e mellorar o noso proxecto."
José Luis
Smartwood
"O programa da Fundación aportoume asentamento, empezou a poñerme os pes na terra. Axudoume a enfocar a idea na realidade e a levala a practica.

Adrián Taboada
Castro Serantes
"A nós axudounos a ver cales eran os nosos puntos débiles como empresa, e a correxilos para intentar conseguir o máximo beneficio co noso traballo."

Pablo
Horta Baldaio

¡Participa no programa!

Tes unha idea de empresa agroalimentaria innovadora e queres poñela en marcha?
Tes unha PEME e queres facer unha nova formulación estratéxica?
A túa empresa quere afrontar novos retos para o que quere iniciar unha nova liña de negocio ou xerar unha nova proposta de valor?
A túa empresa necesita un impulso ou non tes recursos internos necesarios para reconducila?

Axudámosche!

Só tes que cubrir o formulario adxunto cos teus datos e explicar o teu proxecto. Poñeremosnos en contacto contigo.

Prazo aberto ata o 5 de decembro de 2023

COSTES

A participación en calquera das tres opcións do programa é de balde, non obstante, os participantes na fase II deberán abonar unha cota de inscrición de 100 euros para garantir a vinculación e o compromiso do emprendedor co programa.

Ver máis Cerrar

A Fundación Juana de Vega ten como MISIÓN a mellora do texido empresarial agroalimentario fomentando a sua competitividade e productividade co obxectivo de mellorar o benestar e o progreso do medio rural de Galicia.

CONTACTO

Teléfono

981 654 637

Correo electrónico

info@juanadevega.org

Web

www.juanadevega.org

LOCALIZACIÓN

Salvador Allende, 92. 15176.
San Pedro de Nós. Oleiros. (A Coruña)