+140 PROXECTOS
EN 14 ANOS
Dirixido por
expertos no sector
O 92% dos proxectos implantados seguen co
negocio máis de 3 anos despois
Modalidade Crecemento – 11ª edición (2022)
Modalidad Emprendemento – 1ª edición (2012)
Modalidade Emprendemento – 1ª edición (2012)
Modalidade Emprendemento – 10ª edición (2021)
Obxectivo:
Recoñecer os pasos que estás a facer e que necesitas facer, que podes facer e onde podes chegar, recoñecer o valor do traballo detrás cada produto
Punto de partida:
Non lle daba o xusto valor ao traballo, ao coñecemento, ao tempo e á calidade detrás dos produtos que realiza (como fai a maioría dos agros)
Situación actual:
Aprendeu a valorar o tempo, os coñecementos e o tamaño de obra detrás dos produtos que realiza.
Tamén puiden aprender a cuantificar os custos do seu traballo/ obra.
Obxectivo:
Empezar e afrontar todo o proceso de emprendemento con confianza
Punto de partida:
Non tiñan ningunha experiencia de emprendemento, por iso apoiáronse co programa da Fundación: en todos momentos puideron contar con asesores tanto de márketing, como financeiros e de estudo de mercado.
Situación actual:
Deixaron o medo de perseguir os seus soños, viñeron aquí de Baleares e agora teñen unha actividade de transformación de castaña en fariña
Obxectivo:
Alcanzar o obxectivo de recuperación dunha “variedade” de porco galego, o porco silleiro
Punto de partida:
Sabían onde querían ir, pero non moi ben para onde tiñan que ir
Situación actual:
Aprenderon a estruturar as diferentes fases: coa profesionalidade da Fundación puideron diminuír os riscos e aumentar as posibilidades de éxito do seu proxecto
Obxectivo:
Mellora da parte de márketing e comunicación
Punto de partida:
Era unha empresa xa constituída, pero á que lle facía falta un plan de márketing; unha estrutura e organización na parte de márketing e comunicación.
Carecía dun enfoque estruturado que permitise alcanzar un maior alcance e posicionamento no mercado
Situación actual:
Despois de darse conta e analizado o que estaban a facer mal, Terras dá Mariña logrou un avance significativo na súa estratexia de márketing e comunicación. Desenvolveron un plan sólido que lles permitiu fortalecer a súa imaxe de marca e mellorar a conexión co seu público obxectivo.
Obxectivo:
Mellora na parte económica: marcar unha liña de negocio e ter claro todo o que constitúe a parte económica de empresa
Punto de partida:
Comezou como unha afección. Inicialmente realizábao de maneira informal, pero a Fundación axudoulle a desenvolver un plan económico-financeiro estruturado.
Situación actual:
Agora o seu emprendemento é unha empresa de referencia.
Ten claro os seus custos, as súas marxes, o posicionamento da empresa e todo o que se relaciona coa estrutura económico-financeira
Desde que te lanzas á aventura ata que chegas á meta, guiámoste paso a
paso para que o teu proxecto non quede a medias (nin se afogue polo camiño)
(Xaneiro 2027)
A selección farase a través dun taller de ideas, no que cada emprendedor dedicará 10 horas a pensar e reflexionar sobre o seu modelo de negocio. Nesta fase seleccionarase a un máximo de 24 candidatos.
Durante o taller, os candidatos, co apoio de consultores expertos, focalizarán os elementos clave da súa idea e traballarán na estrutura do seu modelo de negocio (porque unha boa idea sen un plan, queda a medias).
Despois, todos os proxectos seleccionados pasarán por unha entrevista persoal. Ao final do proceso, escolleranse a un máximo de 6 proxectos para a modalidade de Emprendemento e 4 proxectos para a de Crecemento e Consolidación.
(Febreiro – xullo 2027)
Prazas
Seleccionaranse 6 ideas ou proxectos emprendedores, máis dous que quedarán en lista de reserva (por se acaso).
Contido
Nesta fase do programa, ofrecerase formación, titoría e asistencia técnica aos proxectos seleccionados para o seu desenvolvemento operativo. Constarán de sesións didácticas e titorías individuais (nelas afinaremos ben cada detalle).
Obxectivos
Este programa de formación ten como finalidade axudar aos emprendedores seleccionados a perfilar os seus proxectos dende unha perspectiva estratéxica. Traballaremos en definir o perfil competitivo e o posicionamento, escoller as mellores canles de comercialización, analizar as necesidades financeiras, e en definitiva, crear un plan sólido que permita definir a empresa ou proxecto e facilitar a súa entrada no mercado coas maiores garantías de éxito.
Estrutura
(Febreiro – xullo 2027)
Prazas
Seleccionaranse un máximo de 6 proxectos de Crecemento e Consolidación de empresas xa existentes, máis dous que quedarán en lista de reserva (por se hai baixas de última hora).
Contido
O programa ofrecerá un mentoring personalizado a través de titorías individualizadas para cada unha das empresas, co obxectivo de que alcancen as súas metas coas maiores garantías de éxito.
Obxectivos
Axudar ás empresas seleccionadas a perfilar os seus proxectos, definindo as súas necesidades estratéxicas e elaborando un plan detallado que lles permita acadar os obxectivos que se propoñan.
Estrutura
(Setembro – Decembro 2027)
Destinatarios
Nesta fase só participarán os proxectos de emprendemento. De maneira excepcional, a Fundación, se o considera, poderá incorporar tamén proxectos da modalidade de Crecemento e Consolidación.
Contido
Esta fase consiste en titorías individuais de consultoría e apoio para a posta en marcha do proxecto empresarial. A asistencia técnica adaptarase ás necesidades e circunstancias particulares de cada proxecto, segundo o seu plan de implementación.
Obxectivos
O obxectivo desta fase é apoiar o emprendedor na implementación e saída ao mercado. Para iso, prestarase asistencia e apoio nas seguintes áreas:
A Fundación poderá aprobar axudas nas distintas áreas que soliciten os emprendedores.
Duración e datas
As titorías ofreceranse, de acordo co plan establecido no último cuadrimestre do ano, cunha frecuencia quincenal e asistencia obrigatoria. Cada emprendedor terá un titor que o acompañará ao longo de todo o programa.
É unha xornada na que os empresarios e promotores seleccionados presentarán e defenderán publicamente os seus proxectos ante potenciais investidores, clientes, entidades financeiras e outros organismos públicos de promoción e apoio económico. Esta fase estrutúrase da seguinte maneira:
Consideran que o programa axudoulles a ter unha mellor visión do seu negocio
Proxectos que finalizaron o programa foron implantados
de cada 10 emprendedores recomendan o programa
Visión xeral da empresa
Definición de proposta de valor
Coñecemento do mercado
Estratexia de márketing
Estrutura de negocio
Exstratexia comercial
Non che imos pedir a partida de nacemento, pero case
Se estás dándolle voltas á idea de poñer en marcha unha empresa ou consolidar a actual, podes participar no XV PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS. Con máis de 140 proxectos mentorizados desde 2011, o programa está pensado para proxectos nos sectores agroalimentario, forestal, marisqueiro, pesqueiro ou outros sectores como bioeconomía.
Tamén axudamos a proxectos tecnolóxicos ou de servizos que dean soporte ao sector agroalimentario.
En cada unha das modalidades, seleccionamos as empresas ou emprendedores valorando tres cousas moi importantes, nada de sortear ao chou:
Aproveita esta oportunidade única para impulsar o teu futuro sen custe ningún
A Fundación Juana de Vega, consciente das dificultades dos emprendedores para poñer en marcha o seu plan de negocio, amplía o seu apoio a través do PREMIO AO EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO.
Este premio consistirá nun cheque que o gañador poderá utilizar para as sesións de apoio cos mentores designados por un período de cinco meses. O cheque equivale a un total de 30 horas de mentoring e apoio á empresa durante as primeiras fases de lanzamento.
Participantes do XV Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias, categoría de Emprendemento.
O xurado estará composto por mentores do programa, representantes do equipo da Fundación Juana de Vega ou outros profesionais de recoñecido prestixio que teñan relación co desenvolvemento do sector agroalimentario.