Tes unha idea brillante, pero levala á practica...
xa é outro conto!

Formación e mentorización especializada para empresas e
emprendedores do sector agroalimentario

IMPULSAMOS O SECTOR AGROALIMENTARIO GALEGO

Converte a túa idea nun negocio real e competitivo

Iniciar un proxecto no sector agroalimentario, tanto dende cero como dende unha empresa en funionamento, é como ir a vendimar: parece fácil, pero cando estás metido, hai máis traballo do que pensabas.
 
Desde poñer en orde o proxecto ata atopar quen merque o produto, pasando por iso de ser sostible e, claro, conseguir cartos para arrincar. Sen un bo empurrón e algo de axuda, o camiño faise costa arriba, e motias veces, tanto os emprendedores como as empresas que lanzan novas iniciativas, quedan a medio camiño, ou peor aínda, perden a colleita antes de recoller os froitos.
+120 PROXECTOS
EN 13 ANOS

Dirixido por
expertos no sector

formación en
áreas clave
ACOMPAÑAMENTO DURANTE UN ANO

Historias de éxito

O 92% dos proxectos implantados seguen co
negocio máis de 3 anos despois

O 92% dos proxectos implantados seguen co negocio máis de 3 anos despois

XI Edición

Como se desenvolve

Desde que te lanzas á aventura ata que chegas á meta, guiámoste paso a
paso para que o teu proxecto non quede a medias (nin se afogue polo camiño)

(Xaneiro 2025)

A selección farase a través dun taller de ideas, no que cada emprendedor dedicará 10 horas a pensar e reflexionar sobre o seu modelo de negocio. Nesta fase seleccionarase a un máximo de 24 candidatos.

Durante o taller, os candidatos, co apoio de consultores expertos, focalizarán os elementos clave da súa idea e traballarán na estrutura do seu modelo de negocio (porque unha boa idea sen un plan, queda a medias).

Despois, todos os proxectos seleccionados pasarán por unha entrevista persoal. Ao final do proceso, escolleranse a un máximo de 6 proxectos para a modalidade de Emprendemento e 4 proxectos para a de Crecemento e Consolidación.

(Febreiro – xullo 2025)

Prazas

Seleccionaranse 6 ideas ou proxectos emprendedores, máis dous que quedarán en lista de reserva (por se acaso).

Contido

Nesta fase do programa, ofrecerase formación, titoría e asistencia técnica aos proxectos seleccionados para o seu desenvolvemento operativo. Constarán de sesións didácticas e titorías individuais (nelas afinaremos ben cada detalle).

Obxectivos

Este programa de formación ten como finalidade axudar aos emprendedores seleccionados a perfilar os seus proxectos dende unha perspectiva estratéxica. Traballaremos en definir o perfil competitivo e o posicionamento, escoller as mellores canles de comercialización, analizar as necesidades financeiras, e en definitiva, crear un plan sólido que permita definir a empresa ou proxecto e facilitar a súa entrada no mercado coas maiores garantías de éxito.

Estrutura

  • Sesións didácticas (aprenderemos cousas novas e útiles).
  • Titorías individuais (para afondar no teu proxecto).
  • Avaliación final (para ver se estamos listos).

(Febreiro – xullo 2025)

Prazas

Seleccionaranse un máximo de 6 proxectos de Crecemento e Consolidación de empresas xa existentes, máis dous que quedarán en lista de reserva (por se hai baixas de última hora).

Contido

O programa ofrecerá un mentoring personalizado a través de titorías individualizadas para cada unha das empresas, co obxectivo de que alcancen as súas metas coas maiores garantías de éxito.

Obxectivos

Axudar ás empresas seleccionadas a perfilar os seus proxectos, definindo as súas necesidades estratéxicas e elaborando un plan detallado que lles permita acadar os obxectivos que se propoñan.

Estrutura

  • Proxecto pechado (cando todo está claro e definido).
  • Estudo de mercado (se precisas entender mellor o teu público).
  • Acompañamento á dirección (para guiarte paso a paso).

(Setembro – Decembro 2025)

Destinatarios

Nesta fase só participarán os proxectos de emprendemento. De maneira excepcional, a Fundación, se o considera, poderá incorporar tamén proxectos da modalidade de Crecemento e Consolidación.

Contido

Esta fase consiste en titorías individuais de consultoría e apoio para a posta en marcha do proxecto empresarial. A asistencia técnica adaptarase ás necesidades e circunstancias particulares de cada proxecto, segundo o seu plan de implementación.

Obxectivos

O obxectivo desta fase é apoiar o emprendedor na implementación e saída ao mercado. Para iso, prestarase asistencia e apoio nas seguintes áreas:

  • Financiamento
  • Creación de marca e packaging.
  • Plan de acción comercial ou de marketing.
  • Plan de redes, creación de sitio web ou tenda en liña.
  • Operacións e especificación das tarefas da cadea de valor.

A Fundación poderá aprobar axudas nas distintas áreas que soliciten os emprendedores.

Duración e datas

As titorías ofreceranse, de acordo co plan establecido no último cuadrimestre do ano, cunha frecuencia quincenal e asistencia obrigatoria. Cada emprendedor terá un titor que o acompañará ao longo de todo o programa.

É unha xornada na que os empresarios e promotores seleccionados presentarán e defenderán publicamente os seus proxectos ante potenciais investidores, clientes, entidades financeiras e outros organismos públicos de promoción e apoio económico. Esta fase estrutúrase da seguinte maneira:

  • Sesión teórica (para aprender a estruturar a presentación).
  • Titorías de preparación das presentacións (para perfeccionar o discurso).
  • Sesión de ensaio (porque practicar nunca está de máis).
  • Xornada de presentación pública (o momento da verdade!).

A cousa funciona ou
polo menos iso din

Consideran que o programa axudoulles a ter unha mellor visión do seu negocio

0 %

Proxectos que finalizaron o programa foron implantados

0 %

de cada 10 emprendedores recomendan o programa

0

As partes mellor valoradas

Visión xeral da empresa

39.4%

Definición de proposta de valor

36.6%

Coñecemento do mercado

28.8%

Estratexia de marketing

26.8%

Estrutura de negocio

21.1%

Exstratexia comercial

16.9%

Requisitos para inscribirse no programa

Non che imos pedir a partida de nacemento, pero case

Se estás dándolle voltas á idea de poñer en marcha unha empresa ou consolidar a actual , podes participar no XIII PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS. Con máis de 120 proxectos mentorizados ao longo dos últimos anos o programa está pensado para proxectos nos sectores agroalimentario, forestal, marisqueiro, pesqueiro ou outros sectores da bioeconomía.

Tamén axudamos a proxectos tecnolóxicos ou de servizos que dean soporte ao sector agroalimentario .

Emprendemento

Para os que queren empezar (ou están a piques de facelo): Se queres crear unha nova empresa ou tes unha idea que che quita o sono (para ben, claro), aquí hai espazo para ti:
  • Estás deseñando a túa idea e definindo o modelo de negocio (vamos, que aínda andas a argallar).
  • Xa tes unha empresa, pero está a piques de arrancar (ou case-case).
  • Queres continuar coa empresa da familia (para que non digan os avós que o seu traballo se perde).
  • Tes un proxecto para aproveitar as terras ou activos rurais que están de vacacións forzadas. Iso si, terás que ser maior de idade, vivir en Galicia, saber algo do sector (aínda que sexa de oídas) e manexarte ben con Word, Excel e o navegador de internet (isto non é pedir moito, ¿non?).
Ah, e o máis importante: tes que estar implicado ao cento por cento no teu proxecto. Sen escusas!

Crecemento e consolidación

Para os que xa están rodando, pero queren mellorar (porque sempre se pode ir a máis!). Se a túa empresa xa está en funcionamento e queres levala ao seguinte nivel, tamén temos un sitio para:
  • Revisar e darlle unha volta á estratexia que tes (que sempre se pode mellorar, non si?).
  • Realizar unha análise da contorna ou investigación comercial.
  • Crear un bo plan de marketing.
  • Desenvolver a túa presenza online e que se note.
  • Revisar operacións e facer un mapa de valor.
  • Ver de onde sacar financiamento ou mellorar a xestión económica.
  • Tamén aceptamos propostas de mellora estratéxica que che axuden a avanzar.
Iso si, para esta modalidade, a empresa ten que contar cun responsable de desenvolvemento, que será o que participe no programa. ¡Nada de delegar todo no bolseiro!

Como escollemos aos afortunados

En cada unha das modalidades, seleccionamos as empresas ou emprendedores valorando tres cousas moi importantes, nada de sortear ao chou:

  • O teu compromiso e implicación co proxecto (queremos ver que lle pos ganas, non vale quedar de brazos cruzados).
  • A túa orientación ao mercado (que non sexa só unha idea bonita na cabeza, hai que saber vender!).
  • O teu compromiso de poñer en valor os recursos do noso territorio (porque o noso está cheo de potencial e hai que aproveitalo, iso sempre!).

Todo o que precisas e máis!

Aproveita esta oportunidade única para impulsar o teu futuro sen custe ningún

Formación práctica
adaptada ás túas
necesidades
Mentores
especializados
Mellora na toma de
decisións estratéxicas
en áreas claves do
negocio
Minimización de
riscos

III PREMIO AO EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO

A Fundación Juana de Vega, consciente das dificultades dos emprendedores para poñer en marcha o seu plan de negocio, amplía o seu apoio a través do PREMIO AO EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO. 

Este premio consistirá nun cheque que o gañador poderá utilizar para as sesións de apoio cos mentores designados por un período de cinco meses. O cheque equivale a un total de 30 horas de mentoring e apoio á empresa durante as primeiras fases de lanzamento.

Candidatos

Participantes do XIII Programa de Apoio a Empresas agroalimentarias na categoría de Emprendemento.

Xurado

O xurado estará composto por mentores do programa, representantes do equipo da Fundación Juana de Vega ou outros profesionais de recoñecido prestixio que teñan relación co desenvolvemento do sector agroalimentario.