CETAB Baroña

En esta sección se presentan algunos de los proyectos
que han participado en las ediciones anteriores del programa.

Compartir:

A Comunidade de Montes de Baroña desenvolve unha ampla variedade de activides nas súas máis de 875 hectáreas de terreos veciñais. Máis aló da explotación da madeira, a cría de distintos tipos de gando, como o vacún, caprino ou cabalar, facían necesario crear un espazo de traballo no que elaborar os seus produtos. A partir do proxecto de desenvolver produtos de carne de poldro, ponse en marcha este proxecto que pretende ser o primeiro para a transformación doutras carnes e mesmo doutros produtos froito do monte como os froitos secos ou os cogomelos.

O proxecto consiste en desenvolver a proposta de valor para que o obradoiro sexa rendible, elaborando produtos como embutidos, onde as distintas variedades de chourizos son as estrelas. Produtos que teñen a súa demanda tanto entre o público local como os numerosos turistas que visitan a zona.