Ay! Carmen

En esta sección se presentan algunos de los proyectos
que han participado en las ediciones anteriores del programa.

Compartir:

Ai!Carmen nace en Valdoviño como unha marca de conservas realizadas cos produtos cultivados na súa horta e elaboradas no centro de transformación A Fusquenlla. De forma que poden controlar directamente a rastrexabilidade da materia prima desde a selección das sementes ata a entrega das conservas aos seus clientes.

Desde o rural queren dar un valor engadido á produción primaria e ofrecer preparacións diferenciais e de exquisito sabor, con receitas que van da tradición todo o máis novo. As elaboracións desenvólvense de forma artesanal, con preparacións en pequenas cantidades, asegurando a máxima calidade e a atención nos detalles.

O seu valor principal é o compromiso co medioambiente e o desenvolvemento sostible, apoiándose no control biolóxico para loitar contra as pragas e enfermidades, evitando o uso de pesticidas e químicos, así como de fertilizantes sintéticos e no obradoiro non usan colorantes nin conservantes, usando o zume de limón como único conservante natural. As súas elaboracións están libres de alérxenos e unicamente envasan en tarros e botellas de vidro.