Tecendo o futuro da Galicia rural
Obxectivos
A Fundación Juana de Vega convoca a XII edición do PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS: Un programa de formación e mentorización orientado a axudar aos emprendedores no deseño e implantación dos seus proxectos empresariais, así como para empresas existentes que precisan abordar proxectos de mellora ou de expansión.
Participantes
Poderán participar nalguna das modalidades do XII PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS, tanto empresas existentes como novas iniciativas empresariais nos ámbitos agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro de Galicia, ou otros sectores da bioeconomía, así como proxetos de base tecnolóxica e servizos relacionados cos anteriores, que se desenvolven no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.
En cada unha das modalidades, seleccionaranse empresas ou emprendedores tendo en conta o seu grao de compromiso ou implicación coa iniciativa empresarial, a orientación ao mercado e o seu compromiso de poñer en valor os recursos do territorio.
Desenvolvemento
A Fundación Juana de Vega, consciente das dificultades dos emprendedores para poñer en marcha o seu plan de negocio, ademais de apoiar ao sector agroalimentario na súa implantación, quere ampliar o seu apoio ao emprendemento, creando o PREMIO AO EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO.
Este premio consistirá nun cheque que o gañador poderá usar en sesións de apoio con mentores designados durante un período de 5 meses. O cheque equivale a un total de 30 horas de mentorización e acompañamento á empresa durante as primeiras etapas de lanzamento.
- Candidatos: Poderán optar ao premio os participantes no XII PAEA na modalidade de Emprendemento.
- Xurado: O xurado estará composto por mentores do programa, representantes do equipo da Fundación Juana de Vega ou outros profesionais de recoñecido prestixio que teñan relación co desenvolvemento do sector agroalimentario.
- O premio entregarase nun acto público que terá lugar a finais de 2024.
Edicións anteriores
VII
VI
V
IV
III
Opinións de participantes
¡Participa no programa!
Tes unha idea de empresa agroalimentaria innovadora e queres poñela en marcha?
Tes unha PEME e queres facer unha nova formulación estratéxica?
A túa empresa quere afrontar novos retos para o que quere iniciar unha nova liña de negocio ou xerar unha nova proposta de valor?
A túa empresa necesita un impulso ou non tes recursos internos necesarios para reconducila?
Axudámosche!
Só tes que cubrir o formulario adxunto cos teus datos e explicar o teu proxecto. Poñeremosnos en contacto contigo.
Prazo aberto ata o 5 de decembro de 2023
A Fundación Juana de Vega ten como MISIÓN a mellora do texido empresarial agroalimentario fomentando a sua competitividade e productividade co obxectivo de mellorar o benestar e o progreso do medio rural de Galicia.
LOCALIZACIÓN
Salvador Allende, 92. 15176.
San Pedro de Nós. Oleiros. (A Coruña)