Nesta sección presentanse algúns dos proyectos
participaron nas edicións anteriores do programa.
Jose Caridad Regueiro
Modalidade Emprendemento
Proxecto de cría de bueyes de raza Minhota, criados unicamente en pastos, con recursos da propia explotación. Para conseguilo emprégase un sistema de pastoreo rotacional e complementado cos propios excedentes de herba.
Os bueyes son animais moi rústicos e de manexo moi fácil que permiten unha rotación permanente polas 30 leiras dispoñibles na espectacular contorna do lago de As Encrobas.
O proxecto complétase cun espazo de degustación e formación sobre a carne, onde tanto cociñeiros como profesionais do sector cárnico poden coñecer o proceso de crianza, o produto e as súas variedades e os distintos produtos transformados que se elaboran a partir das súas carnes, cos que se aproveitan partes da canle que tradicionalmente se refugaban.
Ovidio Queiruga González
Modalidade Emprendemento
A Comunidade de Montes de Baroña desenvolve unha ampla variedade de activides nas súas máis de 875 hectáreas de terreos veciñais. Máis aló da explotación da madeira, a cría de distintos tipos de gando, como o vacún, caprino ou cabalar, facían necesario crear un espazo de traballo no que elaborar os seus produtos. A partir do proxecto de desenvolver produtos de carne de poldro, ponse en marcha este proxecto que pretende ser o primeiro para a transformación doutras carnes e mesmo doutros produtos froito do monte como os froitos secos ou os cogomelos.
O proxecto consiste en desenvolver a proposta de valor para que o obradoiro sexa rendible, elaborando produtos como embutidos, onde as distintas variedades de chourizos son as estrelas. Produtos que teñen a súa demanda tanto entre o público local como os numerosos turistas que visitan a zona.
Dora Leon Minaya
Modalidade Emprendemento
Dora e Tania desenvolveron un proxecto familiar de cultivo de follaxe ornamental con especialidades actualmente moi demandadas e con pouca produción en Galicia, xa que a maioría do produto é de importación. Variedades como a Ruscus Aculeato, a Eucalyptus Pulverulenta ou Baby Blue cultivado en forma sostible e destinada ao a comercio local.
O proxecto está localizado nunha leira propia da Zapateira (A Coruña) e pretende cubrir as necesidades de florerías da Coruña e concellos limítrofes. Tamén teñen como obxectivo a demanda dos tanatorios e, de fronte ao cliente final, desenvolverán un ecommerce no que comercializarán tanto a follaxe como packs para facer composicións decorativas.
Carmen Caínzos López
Modalidade Emprendemento
Ai!Carmen nace en Valdoviño como unha marca de conservas realizadas cos produtos cultivados na súa horta e elaboradas no centro de transformación A Fusquenlla. De forma que poden controlar directamente a rastrexabilidade da materia prima desde a selección das sementes ata a entrega das conservas aos seus clientes.
Desde o rural queren dar un valor engadido á produción primaria e ofrecer preparacións diferenciais e de exquisito sabor, con receitas que van da tradición todo o máis novo. As elaboracións desenvólvense de forma artesanal, con preparacións en pequenas cantidades, asegurando a máxima calidade e a atención nos detalles.
O seu valor principal é o compromiso co medioambiente e o desenvolvemento sostible, apoiándose no control biolóxico para loitar contra as pragas e enfermidades, evitando o uso de pesticidas e químicos, así como de fertilizantes sintéticos e no obradoiro non usan colorantes nin conservantes, usando o zume de limón como único conservante natural. As súas elaboracións están libres de alérxenos e unicamente envasan en tarros e botellas de vidro.
Romina Paula Soria y Sergio González
Modalidade Emprendemento
Este proxecto dedícase ao cultivo e transformación de produtos derivados do souto na Capela.
O seu obxectivo é ofrecer produtos con sabores tradicionais, elaborados de forma natural, sen engadidos e ecolóxicos, preservando as súas valiosas calidades desde a recollida ata o envasado. Así, logran un produto único, nutritivo e tan versátil que só a imaxinación é o límite.
Severino González y Juan Ramón Fraga
Modalidade Emprendemento
Severino González e Juan Ramón Fraga teñen un proxecto de recuperación do “Porco Silleiro” en Boborás, baseado na economía circular, na súa alimentación ancestral.
Ao mesmo tempo que realiza o labor de coidado e limpeza dos nosos bosques, para obter produtos que elaboraban os nosos antepasados.
Maruxa García
Modalidade Emprendemento
Vélaro de OVICA é a única cooperativa de gandeiros de ovino e cabrún de Galicia.
Ofrece servizos e produtos aos seus socios cooperativistas que crían cordeiros e cabritos nos montes galegos, de maneira tradicional, para comercializar así a mellor carne con garantías sanitarias, económicas e sociais.
Raquel Biscaia
Modalidade Emprendemento
Raquel Biscaia naceu entre viñas en Valdeorras, desenvolvendo desde sempre unha profunda paixón polo viño auténtico. Co tempo, tomou conciencia de que moitos viños contiñan engadidos químicos, tanto na vide como na adega.
Así comezou a elaborar o seu propio viño, participando en cada etapa do proceso: escavado, poda, vendima e fermentación, seguindo un enfoque de mínima intervención. A súa meta é crear un viño natural galego, respectando a terra, a planta e o saber herdado.
Yara Rodríguez
Modalidade Emprendemento
Dedicada á elaboración de cosméticos cuxa base principal é o mel, a cera e o propóleo, extraídos das súas propias colmeas situadas en Castroverde (Lugo) que combinan con aceites naturais e ecolóxicos para obter produtos cunhas excelentes propiedades cosméticas. Todo, realizado con rigor científico a partir de receitas antigas que xa se utilizaban na súa contorna familiar.
Eva Rodríguez
Modalidade Emprendemento
Granxa familiar que produce leite ecolóxico na Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A súa prioridade é a familia, polo que o seu obxectivo é levar alimentos de alto valor nutritivo, sostibles, frescos, naturais e de proximidade, directamente aos fogares.
Adrian Souto
Modalidade Emprendemento
Os Servizos Agrícolas e Forestais de Ventura Souto ofrecen solucións ás necesidades das leiras rurais dos nosos clientes.
Un amplo parque de maquinaria, máis de 25 anos no sector e un alto nivel de fidelidade dos nosos clientes avalan a nosa profesionalidade.
Camilo Piñeiro
Modalidade Emprendemento
Proxecto de recuperación patrimonial e produtiva (con sede na Mariña). Búscase dar novos usos a infraestrutura agrícola en desuso transformándoa en aloxamento turístico, así como a recuperación produtiva das terras e bosques que algunha vez formaron parte da leira. Engádese unha parte de divulgación sobre o medio rural e a cultura campesiña, a través dunha serie de actividades (colmeas, horta, animais, etnografía e tradicións, natureza).
Adriana Clara Evangelista
Modalidade Emprendemento
Veterinarios especializados en nutrición que se dedican á elaboración de comida cociñada para cans e gatos, especialmente para aqueles que sofren patoloxías. Crean menús variados e personalizados para estes peludos, todos eles sen aditivos e con produtos frescos e naturais; ofrecendo unha alternativa aos pensos clásicos e facilitando que estes animais poidan gozar de comida pese as as súas condicións particulares. Todo isto, con servizo a domicilio e sendo un apoio para os propietarios e os veterinarios de referencia dos seus compañeiros.
Yolanda Cela
Modalidade Emprendemento
La Abuela Delfina embutidos fabrica artesanalmente produtos derivados do porco, o chourizo curado é o seu produto estrela que se produce, respectando a receita familiar herdada da avoa, utilizando materias primas diferenciadas, sen aditivos químicos e curada naturalmente con leña de carballo preservando así os sabores de antano.
Alejandro Tartaglione
Modalidade Emprendemento
Zumiño é un proxecto agroalimentario situado na rexión do Baixo Miño, en Galicia, que se dedica ao cultivo ecolóxico e á transformación de froitas para obter zumes prensados en frío funcionais. Un zume 100% real, 100% froita, sen azucres engadidos e sen aditivo nin conservante. Elaborado de tal xeito que todos os procesos aos que se someten as materias primas non danen os elementos presentes naturalmente nas nosas froitas e verduras. É unha bebida lista para beber axeitada para veganos e celíacos, certificada ecolóxica e embotellada en vidro.
Raquel Suárez Ogando
Modalidade Emprendemento
Cultivo de cogomelos shiitake en tronco natural de carballo e castiñeiro, aproveitando a masa forestal desbotada para darlle un novo uso de xeito sostible e ecolóxico. É un cogomelo de alto valor nutricional xa que achega 8 dos 9 aminoácidos esenciais, así como vitaminas do grupo B, fibra e unha fonte de proteínas, de alto valor medicinal referíndose a el como elixir da vida ou xuventude eterna e alta valor gastronómico, de textura suave e sabor intenso.
Juanjo Fraga
Modalidade Emprendemento
O mellor da nosa granxa na túa mesa. Proxecto de elaboración de queixo e derivados lácteos dos excelentes leites producidos na nosa granxa. Somos a terceira xeración de produtores comercializadores de leite, traballando sempre sobre os nosos pilares, benestar animal, sostibilidade e protección medioambiental, valorización do territorio, valores humanos e como non a innovación.
Xose Ramón Durán Martínez
Modalidade Emprendemento
Empresa fundada no ano 2015 na zona do Salnés. A súa actividade principal é a comercialización de viño albariño dando uso ás viñas de 6 adegueiros da zona. Dispoñendo dun total de 60 hectáreas de viñedos no Val do Salnés, produce case medio milleiro de botellas anualmete que contan co selo de certificación Galicia Calidade.
Teresa Molino Santiago
Modalidade Emprendemento
Elaboradores de produtos lácteos ecolóxicos, naturais e saudables producidos na propia granxa para satisfacer o mercado hostaleiro e aquelas tendas comprometidas cos seus clientes e familias, así como coa contorna natural. Como visión preténdese comercializar o cento por cento do leite de xeito directo dende a súa granxa e expandir o seu negocio ás comunidades do noroeste de España.
Regina Muñiz Gerpe y Sara Elisa Arribas Vázquez
Modalidade Emprendemento
Unha granxa que ofrece a opción de vivir experiencias na aldea, a unha forma de vivir máis consciente sa e real. As súas principais fontes de ingreso céntranse, por unha banda, en comer san, ofrecendo produtos da horta sen pesticidas e tradicionais pero cun toque moderno en canto á súa presentación. Doutra banda ofrecen a posibilidade de visitar a granxa, tanto en fin de semana para o público en xeral como pola semana a colexios.
Bibiana Guerra
Modalidade Emprendemento
Leira Terra Viva ofrece hortalizas novas e frescas a clientes de mercados ao aire libre e tendas especializadas de produto fresco ou ecolóxico na comarca de Santiago e arredores. As hortalizas recóllense o mesmo día da súa distribución e son cultivadas de forma ecolóxica.
Ofelia Gaitán Palacios y Guillermo Rodríguez Barreiro
Modalidade Emprendemento
Muíño de fariña de millo, producido con semente autóctona galega en fértiles vales usando a sabedoría achegada pola tradición mesoamericana. O millo é moído en muíños tradicionais de pedra e usando unha técnica de cocción ancestral mesoamericana coñecida tecnicamente como nixtamalización. A súa misión é satisfacer a demanda local de habitantes de orixe latinoamericana en España e Europa así como dietas de veganos e alérxicos.
Xosé María López, Alberto Bouza e Ismael Blanco
Modalidade Emprendemento
Lagar do Eume pon en valor a froita autóctona do Norte de Galicia, transformándoa de maneira natural en diferentes produtos, tales como sidras e licores, facendo partícipes aos nosos clientes na conservación do medio rural, o respecto polo medio ambiente e velando pola súa saúde e benestar.
Joaquín Tuñas
Kombuchaté é unha empresa galega de alimentos fermentados artesanalmente, comezando por unha KOMBUCHA probiótica con sabores agradables e identificables.
Xurxo Míguez
ServiPomar ten como obxectivo crear proteccións contra incendios forestais sostibles económica e medioambientalmente fomentando a recuperación da tradición sidreira en Galicia. ServiPomar deseña, planta, mantén e recolle maciñeiras de sidra.
José Cuadrado
Terras da Mariña, S. Coop. Galega, é unha cooperativa que suma esforzos de pequenos agricultores e as súas familias con grandes ilusións aportando valor á produción e comercialización da Faba de Lourenzá e outros produtos para satisfacer as necesidades dos nosos clientes.
Alejandra González
En SoulKitchen poñemos no mercado conservas cárnicas premium a base de receitas tradicionais de casquería elaboradas con produto cuidadosamente seleccionado, ampliando a variedade gastronómica de receitas elaboradas en conserva, de calidade organoléptica asegurada, cun formato fácil e atractivo, listo para consumir.
Patricia Quelle Eijo
Cultura Verde nace para desenvolver o cultivo ecolóxico do cánabo e cubrir así a crecente demanda de farmacéuticas e cosméticas. Debido aos numerosos beneficios do cánabo para nosa saúde e a gran versatilidade desta planta desenvolveremos nos próximos anos ademais do cultivo e recolección de flor, gran e palla, nosa propia gama de produtos elaborados devolvendo a esta marabillosa materia prima o trato que merece.
Fernando García Abal
Custom Greens é unha empresa galega especializada na produción de microgreens, pequenas verduras cultivadas en poucas semanas e cun alto valor nutricional. Provemos aos restaurantes dun produto fresco e totalmente personalizado, aportando aos seus pratos un sabor e textura únicos.
Juan Vicente Penabad Muras
Sigmark trátase dun sistema tecnolóxico de sinalización de parcelas. Busca conseguir unha mellor xestión e maior control da propiedade dunha forma rápida e segura. Sigmark nace con vocación global xa que aporta unha solución a un problema de xestión parcelaria común nos 5 continentes.
Iván y Orlando Fernández Cotado
Venda de conservas de receitas únicas en base a produtos do mar, fundamentalmente mexillóns, sardiñas, luras e atún.
Mónica Requeijo
Produción de flor deshidratada de árnica para laboratorios de cosmética natural e farmacéuticas.
Alba Cal Pico
Produción e venda de flores cultivadas, tanto en formatos uniflor como en ramos, cestas ou para decoración.
José Luis Gude, Begoña Castro y Siro González.
Plataforma dixital de asesoramento e xestión da produción de terreos agrícolas e forestais.
Miguel Queiro
Transformación, elaboración e envasado de producións locais de horta.
Nelson Alonso y Eva González
Produción e venda de flor fresca de sabugueiro para a industria de bebidas e refrescos.
María José Tallón y Rosendo Estévez
Produción e deshidratado de froitas e hortalizas de alta calidade.
Paula Caballero
Elaboración de viño da DO Rías Baixas.
Miguel Ángel Riola
Consolidación no mercado dunha empresa de produción e venta de xeleas gourmet.
José Ángel Grandío
Cría e venta de abellas raíña mediante seleción xenética de colonias que destaquen por diversos factores de Calidade.
Afonso Fernández
Producción de ovos ecolóxicos con galiñas en pastoreo en galiñeiros móviles.
César Pérez
Creación duna cooperativa de comercialización de porco celta con 15 socios gandeiros.
Román Sánchez
Cooperativa gandeira dos Ancares que quere crear una marca asociada ao seu territorio para vender a súa carne de tenreira galega, e comezar coa comercialización de castañas e mel.
David Ares
Panadería interesada en crear unha liña de produción e comercialización de bica e torta de millo, seguindo un modelo de preparación artesanal.
Samira Azevedo
Produción e comercialización de apitoxina (veleno das abellas obreiras). Este produto utilízase en farmacia como remedio tópico para a artritis e dores articulares en xeral, así como botox natural (estética).
Iria Otero
Viños atlánticos, exclusivos e con identidade. Creación duna bodega para a elaboración de viños exclusivos recuperando viñedos de gran Calidade dentro da DO Ribeiro.
Mª Rosa Mosquera y Antonio Rigueiro
Creación dunha Spin-off dentro do grupo de Sistemas Silvopastorais da USC para o asesoramento en xestión e manexo integrado de explotacións agro gandeiras e forestais.
Asociación de fruticultores do Val (AFRUVAL)
Creación dunha cooperativa de produción e comercialización de horta e mazá na Mariña lucense.
Borja Freire López
Empresa de produción de aceites vegetáis con propiedades medicinas e estéticas.
Alejandro Sánchez Ábalo
Produción micolóxica de setas de alto valor culinario mediante un proceso que imita o desenvolvemento natural, obtendo setas con propiedades organolépticas superiores.
ÓNEGA ARES SLU
Negocio de produción e comercialización de trigo do país para a industria panadeira.
José Antonio Redondo Sampedro
Consolidación da nosa ampla gama de productos de medicina veterinaria ecolóxica en base a principios activos naturais e aceites medicinais para a prevención de novos casos de mamitis en animais produtores de leite.
Xoan Pablo Lorenzo Fariña
Vinagres do Ribeiro nace cómo alternativa ao aproveitamento vitícola tradicional na comarca do Ribeiro, dinamizando plantacións existentes en semiabandono, readaptándoas a un cultivo responsable coa natureza, co paisaxe e coa arqueoloxía rural. Quere poñer na mesa do consumidor gourmet diversos tipos de vinagres selectos, con características organolépticas únicas, elaborados artesanalmente con garantía e control de calidade, desde a uva ao producto final.
Adrián Taboada García
É un proxecto de produción de ovos de maneira tradicional no municipio de Santiso, en Terras de Melide. O obxetivo do emprendedor é o de producir 1.500 ovos ao día con 2.000 galiñas en réxime extensivo con alimentación de cereais e verduras de produción propia. Pretende comercializalos en tendas tradicionais en núcleos urbanos da provincia da Coruña e Lugo.
Javier Garnacho Gayarre
Preténdese poñer en funcionamento unha explotación dedicada á cría e engorde de caracol da variedade hélix aspersa, mediante o confinamento en recinto acondicionado durante todas as etapas da vida do molusco. O proxecto pretende nunha segunda fase especializarse na produción e comercialización de ovas de caracol, produto que ten un maior valor engadido que o propio caracol.
Ramón Martínez Mouriño
Empresa fundada en 1995, sita en Ribadumia (Pontevedra) para a comercialización de produtos agrarios e que agora pretende crear un centro de produción de plantel ecolóxico de especies hortícolas e aromáticas.
Oscar Freire Sánchez
Proxecto para a posta en marcha no Concello de Castro de Rei (Lugo), dun negocio de produción de horta de temporada mediante o sistema de agricultura ecolóxica e venta en circuito corto.
Francisco Fernández Armada
Trátase dun proxecto de gandería situado nas Pontes de García Rodríguez, para a explotación de vacas da raza Limiá criadas en sistema extensivo ecolóxico. O obxetivo do proxecto non é únicamente o de produción gandeira, senón tamén o de transformar e vender a carne en despece para grupos de consumo, venta directa e desenvolvemento de novos produtos innovadores, como hamburguesas ecolóxicas con algas, queixo ou pementa.
José Bascuas Rodríguez
Trátase dunha iniciativa empresarial de produción e comercialización de cervexa artesá, situada no Polígono de Costa Vella en Santiago. A empresa leva dous anos funcionando e os xestores pretenden redefinir o posicionamento estratéxico e competitivo, así como as canles de comercialización máis axeitados para os produtos que ofrecen centrándoo nos consumidores do Camiño de Santiago.
Daniel Reboredo Vila
Trátase dun proxecto empresarial para a comercialización de hardware e software desenvolvido polos promotores para a xestión de explotacións agropecuarias (inicialmente de porcino) aplicable a acuicultura e a outros sectores, a través de dispositivos móbiles, computadores ou tabletas. É un proxecto innovador que traslada o concepto de domótica ao sector primario co obxectivo de que o gandeiro mellore a eficiencia da súa granxa aforrando custos enerxéticos, de alimentación e de consumo de auga.
José Ángel Roca Vázquez
Empresa de produción e comercialización de arandos na Comarca de Terra Cha (Begonte) nunha leira de 72 hectáreas alugada a unha comunidade de montes en man común. Tamén contempla a transformación do produto de destrío para a fabricación de marmeladas e outros derivados industriais.
Davide Outeiro Castiñeira
O proxecto supuxo a incorporación á actividade agraria dun veterinario que quere instalou unhas 500 colmeas en Ourense, para a produción, transformación e comercialización de mel e de enxames.
Artexana Mondi
Empresa orientada á produción, transformación e comercialización de Estevia. A Estevia é un edulcorante natural con propiedades medicinais que está moi demandada en herbolarios, parafarmacias e tamén en repostería.
Pablo Derios Sánchez, Laura Recarey Regueira
Sucesión dunha empresa familiar por parte de dous mozos emprendedores, que dispoñen de 2 hectáreas de superficie ao aire libre e 6.000 m2 de superficie baixo cuberta (invernadoiro) dedicada á produción hortícola.
Sara Varela Romeu, Rubén Avalo Rodríguez e David Castro Campello
O proxecto consiste no aproveitamento de 30 ha de castiñeiros que estaban abandonados en Ou Courel. Para iso chegaron a acordos de cesión cos propietarios e realizaron unha fase de acondicionamento por medio de rozas e podas co obxecto de mellorar a produtividade das leiras. O obxectivo é a produción e venda de castaña directamente e debidamente calibrada. Nunha fase posterior está previsto transformar a castaña para elaborar produtos de maior valor engadido.
Ermitas Rodríguez Gómez, Andrea Ferreiro Fernández, Joan Alibés Biosca y Francisco Ónega López.
Trátase dun proxecto para a produción en extensivo de cabrito e cordeiro do país, que contempla a transformación/preparación e comercialización do produto para pechar o ciclo produción-consumo a través dos circuítos curtos de comercialización. Para iso apóianse nas TIC, en especial a web 2.0. Inicialmente o proxecto integra dúas ganderías (as dos promotores) pero a idea é ir sumando produtores para aproveitamento de terras abandonadas no Concello de Pol en Lugo.
Manuel Iglesias Noya
Trátase dunha iniciativa empresarial para o aproveitamento de carne de caza (corzo, cervo e xabaril), que actualmente non se aproveita ou se consome en restauración sen as necesarias garantías hixiénico – sanitarias e de maneira alegal. O proxecto supón a recollida de carne das diferentes cuadrillas de cazadores da contorna, sometela aos controis veterinarios oficiais, para despois transformala nunha sala de despezamento oficial. Os produtos elaborados e debidamente etiquetaxes, comercializaranse a través do canle HORECA.
Raquel Barreira e Mª José Barreira
Empresa dedicada á produción e transformación de castaña ecolóxica na provincia de Ourense, que supón o aproveitamento multifuncional de 12 ha de superficie de bosque (castaña, boletus e mel).
David Sueiro
Empresa dedicada á produción, transformación e comercialización do Gallo de Cruces, a través do canle HORECA, fundamentalmente orientado á alta restauración e cara á exportación.
Maruxa García
TasteLab é unha empresa de consultoría de base tecnolóxica e innovadora orientada ao estudo dos produtos e dos consumidores desde un punto de vista sensorial.
José Manuel García
Trátase dunha explotación de vacún de leite con 30 vacas e 40 ha de terreo, que pretende diversificar a súa produción combinando coa produción hortícola, co obxectivo de mellorar as marxes da explotación familiar.
Pablo López
Empresa que xa estaba en funcionamento, que lanzou unha nova liña de negocio orientada á produción de plantas de variedades autóctonas de horta. O obxectivo é unha maior diferenciación dos seus competidores e mellorar as súas marxes comerciais nun momento no que está a aumentar a demanda deste tipo de variedades locais.
Pablo González Jove
Trátase dun proxecto que consiste en diversificación dunha granxa familiar de vacún de leite (32 vacas, 30 ha de terreo e cortellos para 100 cabezas) para transformar a produción noutros derivados lácteos de calidade diferenciada (queixo, yogurt, requeixo…) e maior valor engadido. A explotación está vinculada cunha casa de turismo rural da súa propiedade na que pode comercializar parte da súa produción.
Juan Carlos García Pose
Empresa dedicada á produción e comercialización de 10 ha de superficie agrícola de pataca de calidade das variedades “Quenebec” e “fina de Carballo”, utilizando métodos manuais que garanten un adecuado tratamento do produto, que se presenta en diferentes formatos en función da canle de venda ao que vai dirixido.